Xa podedes atopar novos xogos no espazo maker da biblio, neste caso trátase de dous xogos ideais para o traballo de pensamento computacional
Xa podedes atopar novos xogos no espazo maker da biblio, neste caso trátase de dous xogos ideais para o traballo de pensamento computacional
Moi boa investigación a que están a realizar os nenos e nenas de primaria sobre o noso Entroido Tradicional. Noraboa rapaces!
Na nosa cidade, unha urbe que vive en tempos dominados pola globalización, temos colectivos que afondan no estudo e recuperación do noso patrimonio, conectando así a nosa xeración con aquelas que nos preceden, pondo en valor a nosa identidade. Deste xeito, grazas a esta labor, temos unha figura singular no noso Entroido: “O Merdeir@”.
O ENDL do centro preparounos unha visita moi especial, a dun grupo de Merdeiros. Todo o centro gozou dela!
Nestes tempos de dixitalización non está demais recuperar certos praceres analóxicos como os xogos de mesa. Hai xogos que exercitan a capacidade analítica, a nosa picardía e astucia, outros espertan a imaxinación e fomentan a memoria, pero o mellor é a capacidade para retomar o gusto de pasar o rato cun grupo de amigos/as.
O Club de xogos de mesa foi creado exclusivamente para a diversión do alumnado da escola. É un espazo da biblioteca creativa para o alumnado aficionado a este tipo de xogo.
A biblioteca escolar conta cunha gran selección de xogos de mesa para todas as idades que está á disposición dos membros do club todos os venres na hora do recreo.
Ola a todos,
Comezamos coas aventuras de Chi para abrir o apetito; e agora o Club de Lectura continúa adiante cos ODS en banda deseñada.
Dende o Programa de Lectura e Familias do centro temos unha proposta para organizar unha sesión de contos con Migallas, para nenos/as de infantil e un membro da familia. A actividade podémola realizar de mañá ou de tarde, por iso queremos saber a vosa preferencia.
Cubride esta pequena enquisa
En principio non temos unha data establecida xa que necesitamos coñecer primeiro a vosa dispoñibilidade.