viernes, 23 de marzo de 2012

SEMANA DA POESÍA


    Balón poético
   Este pasado día 21 de marzo celebrouse o día Internacional da Poesía. Nós fixemos unha actividade lectora, poética e olímpica que agradou aos nenos xa que comprobaron que a lectura e o deporte son compatibles. Unha vez máis o lema deste curso é.....” Os xogos olímpicos: ler por deporte”. Algúns nenos de 5º, 1º e 6º cursos pasaron por todas as aulas (música, ximnasia, inglés, P.T., A.L., titorías, relixión) levando 3 balóns poético-olímpicos e en cadanseu balón figuraban escolmas de poesías de  renomeados poetas, (Rosalía de Castro, Pepe Cáccamo, Antonio García Teijeiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Ana Mª Fernández, Antón Tovar ....). Os nenos maiores lían para os pequenos. Lanzábase o balón a diferentes nenos, na propia aula e todos e cada un deles recitaba un deses poemas. Tamén os profes recitaron. Penso que xa están preparando o seu propio balón nas súas casas. Moitos querían realizar esta actividade todos os días.



miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

HOXE, 21 de marzo,  é o día  INTERNACIONAL da POESÍA.  En todas as bibliotecas celebramos esta ocasión  de modo especial.  Aproveitamos  esta data para ler, recitartraballar  unha escolma de  POEMAS  dos autores que  máis nos gustan....Pepe Cáccamo, Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Ana Mª Fernández,....Algúns nenos "regalaron"  poemas escritos por eles mesmos aos amigos.....Neste vídeo podedes lelos.





martes, 14 de febrero de 2012

GERMÁN SÁNCHEZ RUIPÉREZ

O pasado día  12  de   Febreiro de  2012  lemos a triste nova do pasamento de Germán Sánchez Ruipérez, fundador do grupo Anaya, mecenas da cultura e referente das bibliotecas. A fundación  GSR ,-que leva o seu nome- , ofrece novidades editoriais e sírvenos como orientación no traballo en prol da lectura. As dúas vocacións principais deste humanista eran a literatura para adultors e un bo catálogo de literatura infantil.
Dende o cole fixemos unha escolma de artigos sobre a súa vida.




Se queres coñecer máis sobre a súa biografía, preme aquí.


jueves, 12 de enero de 2012

GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA


Esta é a GUÍA DE USUARIOS que preparamos na nosa Biblioteca "O Moucho" para unha mellor organización dos espazos e tempos e para que todos coñezamos cómo funciona o servizo de préstamos e devolucións ademais das zonas de consulta e rincón informático que nos facilitan o traballo e a aprendizaxe.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

NADAL na BIBLIOTECA

   O pasado 20 de decembro os alumnos/as de Primaria e Infantil asistiron -na biblioteca- á lectura dun conto titulado: “El príncipe feliz” de Óscar Wilde. Logo de escoitar o conto, todos os nenos e profesores recibiron un corazón vermello, debuxado e decorado en cartolina, como lembranza do relato tan emotivo e solidario que escribiu o autor inglés, un conto clásico moi axeitado a estas datas especiais. Mostrámosvos as imaxes dese día.



Nadal 2011


Aquí podedes ver a Guía de lecturas para o Nadal 2011