Este ano celebramos a SEMANA DO LIBRO, os días 26, 27 e 28 de Abril, realizando nas aulas diferentes actividades. O día 26 estivemos traballando o lema "un poema e unha flor", realizando marcapáxinas nas aulas ao tempo que diseñamos uns carteis de 9 m. de longo cun poema emotivo titulado PALABRAS de Pepe Cáccamo e unha flor. Descolgamos estes murais dende as ventás da biblioteca e permaneceron alí pendurados durante 3 días. Nas aulas elaboráronse poemas con esta idea: nunha cara un poema e na outra unha flor...Poemas de diferentes autores galegos (Antonio G. T., Paula Carballeira, Yolanda Castaño, X. María Álvarez.....), seleccionados dende a biblioteca e nas titorías.
Aquí podedes ver estes murais:
O xoves saímos ao patio para LER....sentadiños na herba dos xardíns. A actividade titúlase PADRIÑOS LECTORES. Así todos, grandes e pequenos, profesorado tamén, saímos a ler ao patio, tendo cada padriño ou madriña lectores 2 ou 3 afillados aos que ler un conto. Pasárono moi ben.......e sobre todo, divertíronse lendo ou escoitando!!!! Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º leron aos alumnos de 2º, 1º e E. Infantil.
Pódovos asegurar que estaban realmente concentrados!. Aquí tedes unha mostra....
No hay comentarios:
Publicar un comentario