Estimadas familias,
O noso centro quere integrar ás
familias na actividade da Biblioteca Escolar ao longo deste curso. Co obxectivo
de estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a
participación familiar, dende o centro necesitamos saber en que tipo de
actividades vos gustaría participar.
Por esta razón, deixámosvos aquí un breve formulario para que seleccionedes as actividades que serían do voso interese. Poderiamos facelas en horario de mañá ou de tarde, en función da
vosa dispoñibilidade. Esta é unha breve descrición das actividades.
- “As familias tamén contan”.- Actividades
na que as familias poderán seleccionar un dos seus contos favoritos para ler
nas aulas de infantil do voso fillo/a. Poderá ser presencial ou en vídeo, pola
mañá ou pola tarde.
- Obradoiros en familia.- Se dominades
algunha destreza ou habilidade que poidades compartir co resto de nenos. Os
ámbitos poden ser diversos: experimentos, música, costura, manualidades, cousas
das voas profesións, etc. En horario de mañá ou de tarde.
- “Lembranzas”. Aproveitando o 50
aniversario do centro escolar convidámosvos a relatar algunhas das vosas
experiencias como estudantes deste centro educativo.
- Club de lectura para familias, centrado
en libros sobre a crianza e a educación dos máis pequenos/as.
- Actividades relacionadas coa literatura
tales como encontros con autores ou profesionais da narración para que nos
orienten sobre a formación en materia de contos e libros.
- Guías de lectura e de xogos, tanto en
formato papel como dixital.
- Servizo de préstamo ás familias, con
libros relacionados coa educación (desenvolvemento emocional, autonomía, uso de
pantallas, etc.)
Aquí tendes o formulario para cubrir:
Moitas grazas pola vosa colaboración,
O Equipo de Biblioteca