miércoles, 23 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR



    Como cada ano, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica un novo cartel divulgativo para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 

    O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. 


    Xa temos varias mostras do novo cartel ilustrado por Patricia Castelao, e en breve poderes disfrutar na nosa biblioteca dunha exposición de libros relacionados coa ciencia.

jueves, 3 de octubre de 2013

miércoles, 2 de octubre de 2013

QUERES SER AXUDANTE DE BIBLIOTECA?


Xa sabedes, rapaces e rapazas, se estades interesados en formar parte do Equipo de Biblioteca ANOTÁDEVOS!!!

Unha aperta

martes, 1 de octubre de 2013

BENVIDA AO NOVO CURSO 2013/2014




Ola nenos e nenas!

   Tras un longo curso sen actualizacións no noso blogue, o Moucho está preparado para regresar aos andeis da biblioteca e iniciar unha nova andaina.

   Esperamos contar coa vosa participación e colaboración. Temos preparadas algunhas novidades e moitas sorpresas para este curso.


Unha aperta


jueves, 17 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este mes de maio celebramos as  Letras Galegas, estudiando a figura dun  novo escritor, xornalista, empresario, intelectual,.... un home moi polifacético. Dende o  CEIP  Valdeorras chégannos  estas actividades LIM  que  nos poden ser moi útiles para coñecer máis  a este home, galeguista comprometido  e  defensor da nosa cultura galega.

Actividades LIM sobre Valentín Paz Andrade

sábado, 12 de mayo de 2012

LONDRES 2012


“OS XOGOS OLÍMPICOS: LER POR DEPORTE”
   O proxecto documental que preparamos este ano ten este título. En todas as aulas realizaron os seus traballos -investigando previamente- e con moita axuda das FAMILIAS. Así foi que a actividade que vos propuxemos dende a Biblioteca, para facer na casa foi..... un ÉXITO! Tratábase de facer un mural no que aparecese debuxado ou reflectido o LEMA: “os xogos olímpicos: ler por deporte”. Aquí tedes algúns dos traballos presentados. Foron 67 en total. FELICITÁMOSVOS a todos porque hai traballos realmente enxeñosos e moi expresivos.


martes, 24 de abril de 2012

Semana do libro


APADRIÑAMENTO LECTOR

    Durante esta semana realizamos diversas actividades para conmemorar o día do libro. Onte realizamos a actividade "Apadriñamento lector".
    O ano pasado leramos nos xardíns do colexio, pero... por mor da chuvia, nesta ocasión, repartímonos entre o ximnasio e a aula sicomotricidade-música. Seleccionamos dende a biblioteca un lote de 300 libros aproximadamente para seren lidos durante 30 minutos. Os alumnos de 3º a 6º foron as aulas a recoller aos seus afillados. Unha vez situados nas aulas correspondentes, todos, nenos e profes comezamos a ler.