Onte foi o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, razón pola que vos deixamos dous interesantes vídeos. O primeiro, para reflexionar... e o segundo, para rir. Esperamos que vos gusten.
viernes, 25 de octubre de 2013
miércoles, 23 de octubre de 2013
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Como cada ano, a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica un novo cartel
divulgativo para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro)
e facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao
desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación
das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso
2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de
sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico,
de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados
coa ciencia.
Xa temos varias mostras do novo
cartel ilustrado por Patricia Castelao, e en breve poderes disfrutar na nosa
biblioteca dunha exposición de libros relacionados coa ciencia.
jueves, 3 de octubre de 2013
miércoles, 2 de octubre de 2013
QUERES SER AXUDANTE DE BIBLIOTECA?
Xa sabedes, rapaces e rapazas, se estades interesados en formar parte do Equipo de Biblioteca ANOTÁDEVOS!!!
Unha aperta
martes, 1 de octubre de 2013
BENVIDA AO NOVO CURSO 2013/2014
Ola nenos e nenas!
Tras un longo curso sen
actualizacións no noso blogue, o Moucho está preparado para regresar aos andeis
da biblioteca e iniciar unha nova andaina.
Esperamos contar coa vosa
participación e colaboración. Temos preparadas algunhas novidades e moitas
sorpresas para este curso.
Unha aperta
jueves, 17 de mayo de 2012
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este mes de maio celebramos as Letras Galegas, estudiando a figura dun novo escritor, xornalista, empresario, intelectual,.... un home moi polifacético. Dende o CEIP Valdeorras chégannos estas actividades LIM que nos poden ser moi útiles para coñecer máis a este home, galeguista comprometido e defensor da nosa cultura galega.
Este mes de maio celebramos as Letras Galegas, estudiando a figura dun novo escritor, xornalista, empresario, intelectual,.... un home moi polifacético. Dende o CEIP Valdeorras chégannos estas actividades LIM que nos poden ser moi útiles para coñecer máis a este home, galeguista comprometido e defensor da nosa cultura galega.
| Actividades LIM sobre Valentín Paz Andrade |
Etiquetas:
letras galegas,
Valentín Paz Andrade
sábado, 12 de mayo de 2012
LONDRES 2012
“OS XOGOS OLÍMPICOS: LER POR DEPORTE”
O proxecto documental que preparamos este ano ten este título. En todas as aulas realizaron os seus traballos -investigando previamente- e con moita axuda das FAMILIAS. Así foi que a actividade que vos propuxemos dende a Biblioteca, para facer na casa foi..... un ÉXITO! Tratábase de facer un mural no que aparecese debuxado ou reflectido o LEMA: “os xogos olímpicos: ler por deporte”. Aquí tedes algúns dos traballos presentados. Foron 67 en total. FELICITÁMOSVOS a todos porque hai traballos realmente enxeñosos e moi expresivos.
Etiquetas:
proxecto documental,
proxecto interdisciplinar
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

