Ola a todos,
Este venres tivemos a primeira reunión do Club de Xogos de Mesa, formado por alumnado de 4º, 5º e 6º. Comezamos escollendo xogos, lendo as instrucións e compartindo un momento divertido.
Todos os venres estaremos na biblioteca.
Ola a todos,
Este venres tivemos a primeira reunión do Club de Xogos de Mesa, formado por alumnado de 4º, 5º e 6º. Comezamos escollendo xogos, lendo as instrucións e compartindo un momento divertido.
Todos os venres estaremos na biblioteca.
Os pequenos mouchos comentan o que máis lles está a gustar desta historia nas que os trastos nos invaden. Todo o grupo entendeu o perigo dos excesos do uso das tecnoloxías.
Ola a todos,
Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de EP participaron nun obradoiro de escritura creativa impartido por Andrea Barreira Freije. Quedamos encantados!
Pois sí nenos e nenas, como observamos que moitos de vos pediades na biblio moitos folios para debuxar ou facer manualidades, decidimos crearvos un novo recanto. Trátase dun espazo para que as vosas creacións suban de nivel, xa que vos proporcionaremos distintos materiais para que traballedes e plasmedes a vosa creatividade. A vindeira semana xa podedes gozar do novo espazo "RecreArte".
Ola nenos e nenas,
Seguindo co tema dos ODS (proxecto anual do centro) e a banda deseñada, o noso Club de Lectura está coñecendo a Nerea, personaxe creada por Miguel Rojo, e que volve á biblio cunha nova aventura.
"Tes mensaxes no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?... Que tal se miras o que está a acontecer ao teu redor? A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías".
Grazas coma sempre pola vosa participación!
Todos os nenos e nenas do colexio gozaron neste mes de febreiro, mes por excelencia do Entroido, dun obradoiro creativo de máscaras no que empregamos diversos materiais e iniciámonos no uso do plotter.
Encántanos o resultado final. Noraboa a todos!