No recreo o alumnado de 6º realizou un conta- contos para o alumnado do centro. Despois fixeron un obradoiro creativo.
PARABÉNS LAIA E MATEO!
No recreo o alumnado de 6º realizou un conta- contos para o alumnado do centro. Despois fixeron un obradoiro creativo.
PARABÉNS LAIA E MATEO!
Bo día;
como ben sabedes o pasado venres 14 de febreiro celebrouse o día da amizade e do amor. No Coutada- Beade, coma sempre estamos a tope...
Houbo esa semana exposición de libros para a lectura nas aulas na hora de ler dos máis cativos.
Fixemos un mural e regalamos corazóns... esto de agasallar corazóns terémolo todo o ano, a amizade e o amor o traballamos tódolos días.
O pasado luns un pai do centro deunos unha charla sobre as mariscadoras, a súa importante labor e unha chea de curiosidades que nós non sabiamos. O noso Proxecto de centro leva como título Artes e Oficios, por ese motivo estamos moi postos no tema.
Moitas grazas!!
O pasado venres día 7 de febreiro as alumnas de sexto, Lucía e Noa realizaron un conta- contos na hora de ler para o alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación primaria.
Ao finalizar levaron a cabo un obradoiro creativo. Por aquí tedes unha mostra do gran traballo.
Grazas Lucía e Noa.
O 5 de febreiro asistimos ás Xornadas de Biblioteca Creativa realizadas en Santiago.
Moitas grazas por todo o aprendido!