jueves, 21 de enero de 2010


Do blog da biblioteca do c.e.i.p Frián Teis, O lar de frianciño, vos deixamos a maquetación que fixeron co Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U. e a tradución da compañeira de PLAMBE, Adelia Troncoso. Vendo esto debemos de reflexionar todos.

lunes, 18 de enero de 2010

DÍA DA PAZ 2010. 30 DE XANEIRO.

Libros que vos recomendamos:

Me llamo Paz
El señor guerra y la señora Paz
El enemigo
Rugidos y orejas.
Uno y siete
Elmer e os hipopótamos
A galiña da Paz
LIBROS - ME LLAMO PAZLIBROS - EL SEÑOR GUERRA Y LA SEÑORA PAZA Galiña da Paz

Tamén vos deixamos un enlace a recursos do día da paz.

martes, 12 de enero de 2010

QUE LLE PASABA A MACARIO...¡¡¡

Xa temos algunhas das respostas que escribístedes sobre a tristura de MACARIO . Algunhas son moi ocurrentes, ¿non si?. Aí van:

Macario é un dromedario e está triste porque porque está enfermiño e non pode sair a xogar. Alberto 2º
Macario é un dromedario e está triste porque está só e non ten amigos. Ana G. 2º
Macario é un camelo e está triste porque lle cargan moito. Diego 2º
Macario é un camelo e está triste porque perdeu un colar. Quique 2º
Macario é un burro e está triste porque a noiva deixouno. Lea 2º
Macario é o primo da llama e está triste porque ten o pescozo alto. Alex 2


Ninguén o quere e non ten auga nin comida, que ao final é o máis improtante no deserto. Cristina 3º
Porque se perdeu no deserto. Nerea 3º
Macario está triste porque é diferente aos outros dromedarios, por iso non o queren e ocorrerá que non ten amigos. Mar 3º
Non ten amigos, non ten auga, non ten comida e por iso séntese só e non ten familia. Guillermo 3º
Porque perdou todos os libros e non pode durmir. Só ten un libro e xa o leu. Tampouco ten xoguetes e tampouco ten familia para que o cuide ata que sexa maior. Irene 3º
Porque quere ser un reno como os que van con Papá Noel. Laura Mi. 4º
Macario está triste porque ten unha xoroba moi baixa e pequena e todos os demais rinse del. Sara L. 4º
Creo que está triste porque non lle poden dar ningún regalo por navidade. Yanira. 4º
Eu creo que está triste porque é un camello e non lle sae a xiba. Iván A. 4º
Como non encontraba auga e tiña moita sede, empezou a chorar. Antía Al. 4º
Porque é Nadal e a el non lle dan nada porque está moi lonxe da casa de Papá Noel. Miguel F. 4º
É un camelo. Eu penso que ten unha pouca de gripe e non pode repartir os regalos cos reis magos. Ainhoa 4º

martes, 29 de diciembre de 2009

UN DROMEDARIO NA BIBLIOTECA




Uns días antes de finalizar o trimestre apareceron polo cole moitos dromedario moi, moi tristes. Todos estabamos intrigados e debíamos responder a dúas cuestiòns:
** Quen era Macario?
** Por que estaba triste?
Así foi como nos puxemos a escribir as posibles causas da tristura do DROMEDARIO MACARIO. Cada neno/-a de 2º a 4º curso escribiron o seu breve relato. Algúns nenos tivestes bo tino e as vosas historias foron moi acertadas.
Por fin desvelouse o misterio !!
O día 21 de decembro na Biblioteca todos os alumnos/as de infantil e primaria, en diferentes sesións escoitaron a verdadeira historia do DROMEDARIO MACARIO, libro escrito po Rachel Chaundler, de OQO.

Todos os nen@s coñecían moi ben as funcións dun dromedario no mes de Nadal, sobre todo os pequenos de E. Infantil que demostraron ser os máis informados.
De regreso ao cole en Xaneiro, entregaremos os agasallos aos participantes máis certeiros e publicaremos algúns dos relatos.


miércoles, 18 de noviembre de 2009

UN CONTO DE TERROR NA BIBLIOTECA

AS OPINIÓNS DOS NOSOS ALUMN@S

Estas son algunhas das opinións que recollimos entre os alumn@s que viñeron a desfrutar do relato "La casa encantada" que limos na biblioteca o día do Samaín:

* Gustoume porque estaba a escuras. Lucía R. 2º

* Divertinme moito porque os adornos tiñan moi boa cara. Raúl 2º

* Gustoume porque estiven tremendo. Elisa 2º

* Encántanme as cosas de medo. Inés 2º

* Gustoume moito a casa do neno. María N. 2º

* Encantoume porque dixo que había unha bruxa. Sabela 2º

* Foi aburrido. Adrián 3º

* Non me deu moito medo pero gustoume. Lara 3º

* Foi moi emocionante. Cris 3º

* Non me deu medo, pero gustoume o chillido e a música. Jenny 3º

* Foi moi divertido e deu algo de medo. Antía A. 3º

* Gustoume porque foi perverso. Jorge 4º

* Non me gustou porque ademais de non dar medo o conto foi un pouco aburrido pero a pesares diso estaba interesante. Para o outro día contade un que poña a pel de galiña. María 4º

* Gustoume moito porque había ruído, cabazas e divertinme moito. Antía Al. 4º

*Non me gustou porque o neno morréralle a nai e o pai, e iso non é gracioso. Adela 4º

* Non me gustou porque era triste. Paula 4º

* Non deu tanto medo, pero as candeas, as sobras, os berros e unha parte do conto si me gustaron. Nerea 5º

* Divertido. Sara 5º

* Gustoume moito porque daba medo de verdade e porque me gusta moito o xénero de terror. Berea 6º

* Gustoume porque me encantan as historias de terror. Laura R. 6º

* Gustoume pero a min non me deu medo. Laura F. 6º

jueves, 29 de octubre de 2009


¡¡ E CHEGOU O SAMAÍN ¡¡

O vindeiro 31 de outubro celébrase o Samaín en moitas parroquias e vilas galegas, e por suposto no noso cole queremos salientar esta data cunha actividade de lectura na biblioteca o venres 30. Durante o recreo contaremos unha historia terrorífica de pantasmas e espíritos, unha historia só apta para maiores de 7 anos e para todos os que disfrutan escoitando e sentindo de preto calafríos, temblores e demais sensacións medorentas. Leremos un relato do libro "El gran libro del miedo" de Xavier Valls, editorial Parramón.




Ímosvos deixar unhos enlaces onde atoparedes actividades para facer polo Samaín:

Facer galletas
Facer puzles

Añadir imagenCrea a túa propia cabaza




Recortar un esqueleto
Colorear debuxos