lunes, 20 de diciembre de 2021

Guías de lectura para o Nadal!!

 Bo día a todos!

  O Nadal xa está á volta da esquina, e é un momento xenial para fomentar o hábito lector e que os nenos e nenas se inicien na creación da súa propia biblioteca persoal.

  Deixámosvos aquí tres guías de lectura, unha para cada nivel lector. Son recomendacións do Equipo de Biblioteca, pero en calquera das vosas librerías próximas informaranvos gustosamente dos títulos que mellor están a funcionar en cada caso. Que mellor regalo de Reis que un bo libro!!!

E como non, o Equipo de Biblioteca deséxavos un bo Nadal

Felices Festas,

Saúdos

 


 


 

 

viernes, 17 de diciembre de 2021

Obradoiros creativos polo Nadal

 Que ben o pasaron os nenos e nenas de infantil cos obradoiros de Nadal preparados polo Equipo de Biblioteca

O obxectivo: aprender xogando...e creando.



















 

jueves, 16 de diciembre de 2021

Comezamos a crear a nosa mascota

 Unha das actividades deste curso é a de deseñar á que será a mascota do Steamclub, a nosa aula Steam. Comezamos cos bocetos...


 




martes, 30 de noviembre de 2021

Novembro: Mes da Ciencia na Biblioteca Escolar

   Novembro, o Mes da Ciencia na Biblioteca Escolar, chega ao seu fin; e así, moitas actividades que fixemos ao longo deste mes: os chanzos da ciencia, caixas científicas para as aulas de primaria, experimentos, inauguración da aula STEAM, a Ciencia na Prensa, etc. Todo un mes de traballo, pero recordade que a CIENCIA acompañarános durante todo o curso xa que un dos eixos vertebradores do proxecto anual.


 





miércoles, 10 de noviembre de 2021

Inauguramos a aula Steam: o Steamclub

    O pasado venres foi un día moi especial, pois despois de moito traballo todo o alumnado de infantil e primaria puideron visitar o noso Steamclub e realizar as primeiras tarefas.

  Os nenos e nenas quedaron encantados, tanto os pequenos como os máis maiores. Todos están preparados para comezar a traballar neste novo proxecto do centro. E nós, o profesorado xa temos listas moitas ideas, retos e actividades. Así que permanecede ben atentos, pois temos por diante un ano para buscar, investigar, manipular, construir e, moi especialmente, CREAR.

 


martes, 2 de noviembre de 2021

As mochilas viaxeiras inician a súa viaxe

    Este curso retomamos unha actividade habitual da nosa biblioteca, as mochilas viaxeiras, con algunhas novidades nos materiais. Este ano centrámonos no proxecto do centro, "STEAM: crear para aprender".


  Agardamos que vos gusten os materiais que preparamos, e lembrade que esperamos as vosas opinións nos cadernos viaxeiros.

Iniciemos a viaxe.

Celebrando o Magostín!!!

   O ano pasado a pandemia non nos permitiu facer ningún tipo de celebración. Pero este curso, por fin puidemos celebrar o MAGOSTÍN (Magosto + Samaín).

Un cole engalanado pola ANPA para a ocasión, cabazas, disfraces, castañas... Como xa dixemos, este será un curso con moitas novidades. Un ano máis sorprendémonos coa vosa creatividade.

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!

 

Deixámosvos o vídeo resume elaborado pola mestra Raquel: 



Hoxe non puidemos subir á biblioteca pero mañá retomamos a formación de usuarios...

 

... e o venres... o venres será outro día moi especial. Estade ben atentos a este vídeo: